RGPD - Cookies
Cultura Destacados

@depo_es aproba axudas básicas de emerxencia por 175.400€

A Deputación achegará 175.400€ máis para as Axudas Básicas de Emerxencia (ABE) doutros 19 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Esta liña de axudas ten a finalidade de “dar apoio económico aos pequenos concellos para que poidan atender as demandas de urxente necesidade da cidadanía que se atope en situación ou risco de exclusión social, cunha especial atención a aquelas persoas con menores ao seu cargo”, segundo indicuou Carmela Silva.

Trátase de axudas que serven para cubrir gastos de alimentación, gastos da vivenda, pagamento de recibos, pagamento de produtos de hixiene e limpeza, de produtos farmacéuticos, adquisición de electrodomésticos, pagamento de desprazamentos, pagamento de lentes ou audiófonos, pago de gastos derivados de tratamentos de odontoloxía, pagamento de produtos de apoio e axudas de apoio á infancia.

Os 19 concellos que se beneficiarán desta nova asignación son Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, Dozón, Gondomar, Moaña, Mondariz, Mos, Nigrán, O Porriño, Oia, Ponte Caldelas, Portas, Rodeiro, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

Con esta nova aprobación, son xa 40 os municipios da provincia que teñen as axudas correspondentes a este ano concedidas, cun investimento que suma ata agora 356.900€.

También te puede interesar