Galicia Sucesos

@PorriñoConcello O Xulgado admite a trámite o recurso contra o Goberno local por non tratar no Pleno os 5 millóns de débeda “irregular”

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Pontevedra, ven de admitir a trámite o recurso interposto polos populares contra o Goberno local do Porriño por vaciar de contido o pleno extraordinario, convocado para o 26 de agosto a instancia do PP, no que se instaba á revisión de oficio dos máis de 5 millóns de euros en “facturas irregulares” que, a día de hoxe, o Concello adebeda  a provedores.

Advertencias do secretario municipal

Pese ás advertencias do Secretario Municipal durante a sesión de que se estaban a vulnerar os dereitos dos concelleiros e concelleiras do grupo municipal do Partido Popular, “a alcaldesa, co apoio dos concelleiros de PSOE, BNG, EU SON e o concelleiro do grupo mixto Manuel Carrera, impediu que se incluira ningún punto na orde do día” alegando que estes non se tiñan dictaminado en comisión informativa.

“A lei de Réxime Local configúralle aos solicitantes do pleno o dereito de participación política que non pode quedar cercenado porque se omitiu un requisito procedemental, é dicir, o pleno ten que celebrarse”, informou o Secretario Municipal,

A Alcaldesa tomou unha decisión e o que lle quero lembrar a todos os corporativos é que o inconveniente formal polo que non se celebra o pleno é a non convocatoria de comisións informativas e esa omisión realizouna a propia Alcaldía. É dicir, xerouse aquí un inconveniente formal, un obstáculo procedemental para non celebrar o pleno, por aquelas mesmas persoas que teñen a obrigación de garantir que se realice”.

Con todo, Eva García de la Torre, deu por celebrada a sesión sen que se tratara ningún dos puntos. “Nós puxemos todos os medios, estamos aquí e entendo que o pleno sí se celebrou”, apuntou, “Como non se dictaminara se dictamina neste momento pola vía de urxencia, entendemos que non hai urxencia nos puntos que se celebra e ese foi o contido do pleno”. A rexedora foi máis alá e adiantou que se ían a “opoñer á celebración dun novo pleno con este mesmo argumento”.

“Actitudes como a que amosan Eva García de la Torre e os concelleiros que a respaldaron demostran que hai quen antepón os intereses políticos, e incluso os seus persoais, aos intereses dos cidadáns aos que se deben como integrantes da corporación local”, apuntou o portavoz dos populares, Alejandro Lorenzo, “Fan gala dun proceder absolutamente antidemocrático, están vulnerando o dereito dos cidadáns a participar nos asuntos públicos por medio dos seus representantes libremente elexidos. Queren evitar render contas ante a veciñanza e non o imos a consentir”.

Evitar que se investigue a facturación irregular

A actuación do Goberno Municipal e dos seus socios responde, afirma o voceiro popular á “necesidade de evitar, a toda costa, que se investiguen os máis de 5 millóns de euros de facturación correspondente aos anos 2016, 2017 e 2018 pendente de pago”.

5 millones facturados “irregularmente”

Segundo indica o voceiro da oposición, trátase de “facturación irregular que non foi fiscalizada: facturas rexeitadas de maneira sistemática, agochadas no caixón para evitar dar conta da contratación irregular, a dedo ou efectuada sen contar con partida orzamentaria, con moitas facturas manipuladas para evitar a fiscalización e sen que fose levada a Pleno para o seu recoñecemento”.

Pagos de forma “arbitraria”

A realidade, segundo indica a oposición, ás empresas acreedoras cobran ou non “segundo a decisión da Alcaldesa”, sen que haxa unha “prelación de pagos no Concello ao seleccionarse, de forma arbitraia e inxustificada as facturas a pagar”.

Para Alejandro Lorenzo proba delo é o feito de que a alcaldesa leva a Pleno unha modificación orzamentaria por importe de 1.781.923,54 euros cando se deben máis de 5 millóns”.

Á vista disto, a oposición solicita a revisión de oficio das facturas existentes na conta 413 do Concello do Porriño que suman 4.874.541,63€, a fin de determinar a veracidade da prestación dos servizos, obras ou subministros, se se axustan ao prezo de mercado e o procedemento levado a cabo para a súa contratación.

“Solicitamos que se leve a cabo a revisión de oficio e se elabore a correspondente proposta de Crédito Extraordinario e Recoñecemento Extraxudicial para pagar á totalidade dos provedores que prestaron servizos ao Concello, non só aos elexidos e moito menos, hai que decilo con claridade, a quen non se acredite que realizara os traballos”.

También te puede interesar