Galicia Sucesos

Un morto e 74 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a 75 persoas debido a 57 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 20, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, día 22 de setembro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 65 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

As ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en sete accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 55 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito accidentes. As ambulancias convencionais asistiron nun sinistro de circulación.

En 66 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en oito ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.

También te puede interesar