Galicia Vigo al minuto

Sanidade busca alternativa ao Centro de Saúde de López Mora que está xa “obsoleto”

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) está traballando na busca de alternativas para o centro de saúde de López Mora. Así o confirmou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, o doutor Julio Garcia Comesaña, ao xefe de servizo deste centro nunha xuntanza mantida o pasado veneres  no centro.

O xerente, que xa visitara o edificio sanitario no pasado mes de agosto, informoulle que “ante a paralización do proxecto do Concello de desenvolver o Polígono da Seara”, onde o SERGAS tiña planificado a construción dun novo centro de saúde desde hai máis dunha década, –“estamos xa estudando outras alternativas polo entorno, porque urxe dispoñer dun novo centro que substitúa a López Mora. Neste momento resulta prioritario na planificación do Sergas, xa que o edificio actual, pese a que se teñen feito nel actuacións puntuais -nos últimos días pintouse- non reúne as condicións estruturais axeitadas e presenta unha evidente limitación espacial que condiciona o seu crecemento e desenvolvemento”-.

O local pequeno e obsoleto para o servizo sanitario

O centro de saúde de Lopez Mora atende a unha poboación de 14.780 pacientes (12.828 adultos e 1.952  nenos) . Conta cun  equipo de facultativos composto por 9 médicos de familia e 2 pediatras. A ratio de TIS por  médico de familia é de 1.425 TIS, superando lixeiramente a media da área viguesa, establecida en 1.330 TIS por facultativo.

También te puede interesar