Galicia Vigo al minuto

@bngvigo levará ao Parlamento de Galicia o ‘contrato de escravitude’ denunciado por ‘Enfermeiras sen Cadeas’

O concelleiro Xabier P.Igrexas e a deputada do BNG Montse Prado, mantiveron este luns un un encontro co colectivo «Enfermeiras Sen Cadeas»que leva meses a mobilizarse en contra das condicións de «case escravitude que o Sevizo Galego de Saúde (Sergas) lles está a imponer”.

Na xuntanza, as representantes de «Enfermeiras Sen Cadeas» debullaron a penosa situación que padecen, marcada pola eventualidade cun réxime de chamamentos que impide a conciliación familiar, por non teren horarios programados e a extensión das xornadas, e que agravará o chamado «contrato de continuidade».

Aliás, as enfermeiras denuncian que a eventualidade forza a rotación do persoal asignando a persoas con escasa experiencia a labores críticas como a atención a quirófanos ou o servizo de neonatoloxía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.