Galicia Vigo al minuto

@Xunta asegura que o seu Plan de Transporte Metropolitano bonificou 2,1 millóns de viaxes en bus e barco na Área de Vigo

Segundo asegura a Xunta, o ‘Plan de transporte metropolitano de Galicia’ permitiu bonificar os oito primeiros meses deste ano case 2,1 millóns de viaxes en autobús e barco na área de Vigo, un 1,5% máis que no mesmo período do ano 2018.

O servizo de autobús interurbano nesta área, segundo o Goberno galego, segue así a sumar usuarios da tarxeta de transporte metropolitano, que se benefician de viaxes bonificadas nos seus percorridos coa utilización dos case 53.500 dispositivos activos.

En canto aos núcleos de poboación que rexistran máis usuarios con dispositivos con viaxes bonificados, Vigo se sitúa en primeiro lugar con 18.524 tarxetas de transporte metropolitano, seguido de Cangas, con 12.572, e Moaña con 5.698.

Os concellos de Redondela, Nigrán, O Porriño e Baiona, con 4.275, 3.940, 2.984 e 3.295 dispositivos, respectivamente, “seguen a senda de crecemento de usuarios beneficiados polas viaxes bonificados”.

Nesta área os percorridos que rexistran máis viaxes se corresponden cos traxectos ida e volta entre Vigo e Cangas, sumando 728.400, seguido das conexión entre Vigo e Nigrán, con 253.400. Destaca tamén o traxecto entre Moaña e Vigo, que rexistra máis de 121.000.

También te puede interesar