Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo traslada ao Parlamento Europeo as dúbidas sobre o financiamento con fondos europeos das obras de Gran Víe e Porta do Sol

Marea de Vigo trasladou, a través da eurodeputada Sira Rego, as dúbidas sobre a xustificación do financiamento con fondos europeos dos proxectos da rampa mecánica de Gran Vía e da peatonalización da Porta do Sol, fondos que se enmarcan dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), co-financiadas en un 80% pola Unión Europea.

Falla de participación cidadá

Dende Marea de Vigo sinálese, nos escritos enviados á UE, que na estratexia para a implementación destes fondos europeos, e tal e como reflicten as bases do proxecto, “a participación cidadá e dos axentes sociais debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados, algo inexistente actualmente”.

‘Tala masiva de árbores’

No escrito, Marea de Vigo- considera que “o proxecto contempla a tala masiva de árbores de grande porte con más de 70 anos e o traslado e plantación de 29 laranxos e 45 camelios, que forman parte da Gran Vía dende hai máis de 40 anos”.

Do mesmo xeito, engádese o informe dun “perito agrónomo” recomendando a tala de 13 tileiras y 41 castiñeiros por atoparse “enfermos” sen máis explicacións nin avaliacións sobre posibles tratamentos  fitosanitarios alternativos.

Marea de Vigo  pregunta á Comisión europea se pensa dar seguimento e control aos proxectos; e, de detectar irregularidades instará ao Concello a subsanar os erros así como a paralizar os fondos se non se axustan ao uso para eles establecido.

También te puede interesar