Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo traslada ao Parlamento Europeo as dúbidas sobre o financiamento con fondos europeos das obras de Gran Víe e Porta do Sol

Marea de Vigo trasladou, a través da eurodeputada Sira Rego, as dúbidas sobre a xustificación do financiamento con fondos europeos dos proxectos da rampa mecánica de Gran Vía e da peatonalización da Porta do Sol, fondos que se enmarcan dentro das Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integradas (DUSI), co-financiadas en un 80% pola Unión Europea.

Falla de participación cidadá

Dende Marea de Vigo sinálese, nos escritos enviados á UE, que na estratexia para a implementación destes fondos europeos, e tal e como reflicten as bases do proxecto, “a participación cidadá e dos axentes sociais debe estar presente no proceso de redacción dos proxectos, no seu seguimento e mesmo na avaliación do cumprimento dos obxectivos marcados, algo inexistente actualmente”.

‘Tala masiva de árbores’

No escrito, Marea de Vigo- considera que “o proxecto contempla a tala masiva de árbores de grande porte con más de 70 anos e o traslado e plantación de 29 laranxos e 45 camelios, que forman parte da Gran Vía dende hai máis de 40 anos”.

Do mesmo xeito, engádese o informe dun “perito agrónomo” recomendando a tala de 13 tileiras y 41 castiñeiros por atoparse «enfermos» sen máis explicacións nin avaliacións sobre posibles tratamentos  fitosanitarios alternativos.

Marea de Vigo  pregunta á Comisión europea se pensa dar seguimento e control aos proxectos; e, de detectar irregularidades instará ao Concello a subsanar os erros así como a paralizar os fondos se non se axustan ao uso para eles establecido.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.