RGPD - Cookies
'Qué te cuentas?' Galicia

@galizaCIG denuncia que PSA segue a vulnerar o dereito de conciliación laboral

A sección sindical da CIG en PSA Peugeot Citroën denuncia que “a empresa segue a vulnerar o dereito de conciliación da vida laboral e familiar”, xa que o mes pasado volveu a denegarlle a dúas traballadoras a concreción horaria da redución de xornada.

Dende a CIG lembran que se trata dun dereito recollido na normativa vixente, que establece a posibilidade de concretar o horario da redución de xornada atendendo ás necesidades ordinarias de conciliación.

No escrito de resposta á solicitude das operarias afectadas, a dirección de PSA  sostén que “es imposible gestionar horarios a la carta como el que usted plantea […] porque el tiempo que usted no preste servicios tendría que ser cubierto por otro/a compañero/a de planta, seguramente de forma obligatoria”.

Ademais, argumenta a súa negativa asegurando que “esta nueva petición implicaría alterar el régimen de turnos rotatorias establecido en la empresa” e que isto “perjudicaría seriamente la organización productiva en vigor”. Finalmente, indica que a traballadora “debería haber justificado la proporcionalidad de los perjuicios que la misma podía plantear, tanto a esta mercantil, como a los otros compañeros/as”.

También te puede interesar