Galicia

@depo_es aproba destinar 2,3 millóns de euros as servizo de Axuda no Fogar en toda a provincia

A Deputación aprobou este venres o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos concellos de menos de 20.000 habitantes.

Nesta convocatoria póñense a disposición de 52 concellos da provincia un total de 2.370.563,9€ para financiar o Servizo de Axuda no Fogar básico e o persoal dos concellos que se dedican a facer fronte a estas demandas sociais das persoas con máis dificultade.

Máis polo miúdo, o Plan de financiamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais busca integrar o conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade. Especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.

En concreto, co Plan deste ano 2019 a comarca da Paradanta recibirá un total de 159.169,07 euros, que se repartirán entre as vilas de Arbo (44.552,06 €), A Cañiza (48.339,71 €), Covelo (36.387,71 €) e Crecente(29.889,59 €).

O Condado recibirá 162.018,12 euros, que se repartirán entre Mondariz (56.079,21 €), Mondariz Balneario (22.697,2 €), As Neves (30.718,71 €), e Salvaterra do Miño (52.523 €).

O Baixo Miño, 225.636,15 euros, que se repartirán entre A Guarda (59.866,12 €), Oia (25.541,24 €), O Rosal (27.847,29 €), Tomiño (59.042 €) e Tui(53.339,5 €).

O Val Miñor, 169.338 euros, que se repartirán entre Baiona (51.310 €), Gondomar (55.514 €) e Nigrán (62.514 €).

A comarca do Deza recibirá 233.570,52 euros, que se repartirán entre Agolada (50.633,27 €), Dozón (41.867,19 €), Rodeiro (26.884,53 €), Silleda (60.847,71 €) e Vila de Cruces (53.337,82 €).

Tabeirós-Terra de Montes, 113.634,63 euros, que se repartirán entre Cerdedo-Cotobade (59.534,78 €) e Forcarei (54.099,85 €).

A comarca de Vigo recibe 276.157,18 euros, que se repartirán entre Fornelos de Montes (26.395,61 €), Mos (65.851,24 €), O Porriño (69.571 €), Pazos de Borbén (24.094,05 €), Salceda de Caselas (60.027,14 €) e Soutomaior (30.218,14 €).

O Morrazo recibe 132.737 euros, que se repartirán entre Bueu (51.786 €) e Moaña (80.951 €).

O Salnés recibe 490.059,26 euros, que se repartirán entre Cambados (54.670 €), Catoira (21.337 €), O Grove (59.220,79 €), A Illa de Arousa (28.521 €), Meaño (55.042 €), Meis (31.224,86 €), Pontecesures (21.666,5 €), Ribadumia (29.296,63 €), Sanxenxo (62.202 €), Valga (43.939 €), e Vilanova de Arousa (82.939,48 €).

E, por último, a comarca de Pontevedra recibe 408.243,97 euros, que se repartirán entre Barro (39.097,77 €), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (27.328 €), Cuntis (41.521,21 €), A Lama (41.345,35 €), Moraña (23.577 €), Poio (92.628,5 €), Ponte Caldelas (40.917 €), Portas (29.806,5 €), e Vilaboa (21.115,64 €).

También te puede interesar