'Qué te cuentas?' Comarcas

@fomentogob confirma á alcaldesa de Redondela que autorizará a colocación do semáforo á altura de CEIP ALexandre Bóveda, en Chapela

A alcaldesa de Redondela reuniuse en Pontevedra coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o xefe da demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento, Ángel González del Río, para transmitir a necesidade de acometer a instalación dun semáforo na N-552, de cara a “mellorar a seguridade viaria á altura do CEIP Alexándre Bóveda en Angorén, na parroquia de Chapela”.

Digna Rivas informóu tanto á Larriba coma a González del Río que dita infraestrutura xa fora solicitada hai dous anos pola anterior Corporación “e que a estas alturas seguía sen concretarse”. Segundo os datos achegados por Fomento, a petición formulada polo anterior Goberno non cumpría “cos requisitos necesarios” polo que quedara paralizada.

A alcaldesa trasladou “a urxente necesidade da súa realización”, ao tratarse dunha infraestrutura que non só dará servizo ao centro escolar, senón á veciñanza desta zona de Chapela atravesada por unha estrada, como a N-552, que rexistra unha alta densidade de tráfico rodado.

Maica Larriba transmitiu á alcaldesa a súa disposición de impulsar esta actuación demandada pola comunidade escolar o mesmo que Ángel González del Río quen asegurou a Rivas, que «no máis breve prazo posible, analizarase unha ubicación para a colocación do semáforo en colaboración cos técnicos municipais”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.