Comarcas

Dúas crías, abandoadas nun contedor do lixo, adoitadas por unha cadela do Centro de Acollida da @depo_es

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) , da Deputación , recolleu este xoves pasado ás dúas crías de cadela que foron atopadas abandonadas nun contedor en Cuntis, con apenas dous días de vida e sen alimentar.

Persoal de limpeza do citado concello quen encontrou aos animais en condicións críticas cando realizaba o seu servizo, e deu aviso a Protección Civil de Cuntis que trasladounas á súa base onde foron recollidas polo persoal do CAAN.

Adoitadas por outra cadela

As crías, de cor negra e mestizas, que foron bautizadas no centro como Ánxela e Mara, recupéranse agora coa axuda de ‘Rula’, outra cadela do centro que as adoptou e estalas a aleitar.

As crías van evolucionando favorablemente, aínda que son moi débiles debido a que non se alimentaran desde o seu nacemento, grazas ao aleitado de ‘Rula’, “a mellor forma de cría para estes primeiros momentos”, sinalan dende CAAN, engadindo que aínda que se os cachorros non gañan peso complementarase a alimentación con biberóns.

Se a recuperación vai adiante, o Centro de Acollida esperará a que cumpran 45 días para vacinalos e poder logo ofrecelos en adopción.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.