Vigo al minuto

@abelcaballero e Corina Porro, no colexio o primeiro día de clase

O alcalde e a delegada da Xunta en Vigo acudiron, por separado, a varios colexios este mércores, coincidindo co inicio do curso escolar 2019-2020 en Infantil, Primaria e Educación Especial.

23.611 estudantes

Abel Caballero, que estivo no CEIP Escultor Acuña, sinalou que hoxe comezaban o curso na cidade 23.611 rapazas e rapaces, uns 300 máis que o curso pasado, con 7.069 estudantes na etapa de Infantil; 3.165 en colexios públicos e 3.848 en concertados. No caso da Educación Primaria, de 6 a 12 anos, nos centros públicos comezan o curso 7.226 alumnos e 9.070 nos concertados, amais de 196 estudantes  en Educación Especial.

Plans de tráfico

O alcalde informou da posta en marcha dos plans de tráfico en preto de cen centros educativos da cidade,todos os que os solicitaron”, para favorecer a circulación dos vehículos nos momentos de entrada e saída co fin de que sexa «o máis fluída posible», instando a todos os centros que queiran dispoñer deste servizo a solicitalo no Concello.

Corina Porro

A delegada da Xunta na cidade  acompañou, pola súa banda, ao alumnado do CEIP García Barbón e o CEIP San Salvador de Teis

Corina Porro salientou os “22 millóns destinados  pola Xunta, desde o 2009, só en obras aos distintos centros vigueses e que converten a Vigo no concello de Galicia con maior investimento neste ámbito”.

Neste senso, a delegada asegurou que a Xunta, a través da Consellería de Educación Universidade e Formación Profesional, ten activadas inversións por valor de 1,6 millóns de euros en obras e reformas de 16 centros educativos de primaria e secundaria en Vigo.

Ademais da que cualificou coma “máis relevante”, a rehabilitación integral do CEIP García Barbón por un importe que supera os 752.000€, Porro fixo mención a obras xa rematadas coma as do CEIP Santa Mariña (120.816,43€) e CEIP San Salvador de Teis (129.877,32€), CEIP Ramón  y Cajal (18.000€), CEIP Vicente Risco (45.000€), CEIP Párroco Don Camilo (60.000€), CEIP Otero Pedrayo (60.000€) e o IES Carlos Casares (33.313€).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.