Ciencia y Tecnología Galicia

@galizasencarbon rexeita a iniciativa do PP a favor da central de carbón das Pontes

A plataforma «Galiza, un futuro sen carbón» pide a todos os grupos parlamentarios da oposición que voten ‘Non’ á iniciativa do PPdG, que “só busca atrasar aínda máis a urxente transición enerxética”.

Dende esta asociación asegúrase que “o PPdeG non quere unha transición enerxética xusta e ordenada, senón interminable e á medida do interese de grandes empresas como Endesa, dona da central de carbón das Pontes”

Para ‘Galiza, un futuro sen carbón’, o Partido Popular non propón medidas de protección dos traballadores “senón axudas económicas e exencións fiscais a demadar ao Goberno estatal para favorecer a xeración de cambio climático na central de carbón das Pontes”. Esta será a única activa en Galicia despois do peche da central de Meirama en 2020, decidido pola súa propietaria Naturgy.

O informe «O prezo do carbón» sinala que “é posible, ademais de urxente e necesario, o peche planificado da central de carbón das Pontes, a máis tardar en 2025”. Esta central eléctrica, con xa 40 anos de actividade, “é a industria situada en Galicia que provoca maior impacto ambiental negativo dentro e fóra do noso territorio”.

En 2018 volveu estar entre as 20 maiores industrias emisoras de dióxido de carbono (CO2) da UE. Unhas emisións que non reducirá a reforma da que está a ser obxecto para se adaptar, con catro anos e medio de atraso, á Directiva de Emisións Industriais (DEI), que non afecta ao CO2, principal gas de efecto invernadoiro causante de cambio climático.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.