Galicia

@obloque propón recuperar a gratuidade dos libros de texto para alixerar o custo de 752€ que supón para as familias galegas a volta ao colexio

A voceira nacional do Bloque Nacionalista Galego propuxo, nun encontró con responsábeis da CIG-Ensino, recuperar a “gratuidade dos libros de texto ao 100%”, que fora suprimida polo Goberno de Galicia.

Ana Pontón  subliñou que Galicia era un dos territorios coa volta ao cole máis barata de todo o Estado, pero “os recortes que chegaron da man do goberno de  Feijóo cambiaron esta situación” polo que “o Bloque presenta unha batería de medidas no Parlamento para alixeirar a actual carga económica que supón para as familias o inicio do curso escolar, cunha media de 752€ nun país onde os salarios están á cola do Estado”.

Pontón asegurou que “as políticas de Feijóo implicaron unha asfixia do ensino público e en dez anos hai un recorte acumulado de 2.000 millóns de euros, pecháronse 136 escolas unitarias e 876 unidades, e neste curso hai menos docentes que antes da chegada do actual presidente da Xunta”.

A estes datos súmanse os nefastos efectos da LOMCE que favorece un “ensino elitista e clasista que perde o seu carácter laico e a perda de peso do galego na educación pública”.

Por iso, o Bloque presenta na Cámara un conxunto de medidas que, ademais de recuperar a gratuidade dos libros de texto, tamén defende a redución da ratio de alumnado por aula en todos os niveis, propoñendo que non supere a cifra de 15 escolares na etapa infantil, 20 na etapa de ensino obrigatorio e 25 nos cursos de bacharelato, incluíndo ao alumnado que repita curso.

No que se refire ao ensino universitario, o Bloque propón incrementar o financiamento das universidades en 30 millóns de auros, á marxe da negociación para un novo plan de financiamento.

También te puede interesar