Comarcas

A oposición do Concello do Porriño recurrirá aos tribunais para que revisen os máis de 5 millóns adebedados a provedores

Logo de que o Goberno local e os seus socios votasen “impedir a investigación e revisión dos máis de 5 millóns de euros en facturación irregular pendente de pago” a oposición vén de anunciar  que recurrirá ao xulgado Contencioso –Administrativo para que se revise a facturación adebedada a todos os provedores.

“A proposta de Crédito Extraordinario por importe de 1.781.923,54 euros, respaldada por PSOE, EU SON, BNG e Manuel Carrera, pon de manifesto a arbitrariedade á hora de intentar recoñecer as obrigas procedentes de exercicios pechados que arrastra o Concello do Porriño, que en realidade superan os 5 millóns de euros”, denuncia o voceiro local, Alejandro Lorenzo.

Lorenza subliña que “sendo responsables e sabedores dos incumprimentos constantes da estabilidade orzamentaria, regra do gasto, periodo medio de pago, plan económico financieiro e da imposición da non dispoñibilidade de crédito por valor de 4.870.747,47 euros, o Goberno Municipal continúa omitindo a totalidade da facturación pendente de pago e nula de pleno dereito”.

Recoñecer a obriga de pagar a todas as empresas

Por este motivo, os populares solicitaron no Pleno que a Corporación Municipal recoñecera a obriga de pagar a totalidade do que se debe ás empresas, primeiro realizando a revisión de oficio da facturación irregular para  poder elaborar a correspondente proposta de Crédito Extraordinario acompañado dun Recoñecemento Extraxudicial para determinar que se pague a todos os provedores o que se lles debe dende hai anos.

A revisión de oficio da facturación proposta polos tiña como fin o pago a provedores coa garantía de que se fai “conforme ao prezo de mercado e, entre outras cuestións, que se paga por traballos que se realizaron”.

Dende a oposición saliéntase que lonxe de pretender impedir o pago, o que estamos intentando é que se pague a todas as empresas que traballaron para este concello e non só ás que a Alcaldesa decida, como está a facer e como pretende seguir facendo. Existen centos de decretos da Alcaldía ordenando o pago a empresas dunha forma totalmente arbitraria mentres outras continúan e continuarán sen cobrar. É inadmisible”.

Dúbidas sobre o proceso de contratación

O voceiro da oposición municipal lembra que ademais dos “informes do Secretario e Interventora Municipal que apuntan ás continuas e graves irregularidades” nos procedementos levados nas contratacións e facturación por parte do Goberno Municipal, existen sentenzas de reclamacións por abono de facturas que se deben a provedores que “poñen de manifesto o proceder irregular na contratación e incluso a inexistencia de documentación que acredite que se prestaron os servizos facturados”.

“Nos encontramos con una reclamación `a tanto alzado´, sin contrato, ni encargo previo documentado, fijación de precio, etc… ni tampoco prueba objetiva clara y precisa sobre su efectiva realización”, reza a Sentenza 152/2019 do Contencioso Administrativo nº1 de Pontevedra.

Apuntan tamén á posible connivencia entre empresas e Concello para eludir os procedementos de contratación legalmente establecidos e asignar “a dedo” os contratos : “Centrados así en los términos del debate, debe comenzarse por señalar que la práctica irregular de determinados contratistas y proveedores, en connivencia con las correspondientes autoridades públicas, de realizar prestaciones para la Administración por “vía de hecho”, es decir, sin formalizar previamente un contrato en legal forma (por escrito, con fijación de precio y con la preceptiva reserva y fiscalización de crédito presupuestario, tal y como exige la legislación aplicable incluso para los contratos menores), tiene como ventaja para dichos contratistas el eludir determinados requisitos formales de la normativa de contratación pública que les podría perjudicar (fijación previa del precio, licitación pública en concurrencia competitiva cuando se rminada cantidad, etc)”…”Para las autoridades y empleados públicos esa práctica de contratar directa y verbalmente sin procedimiento alguno, ni reserva y fiscalización de crédito, con la idea de que luego se remunere el servicio prestado mediante un reconocimiento extrajudicial de créditos, podría acarrearles medidas disciplinarias por su propia Administración, o incluso imputación de un delito de prevaricación o de malversación de fondos públicos, además de responsabilidades contables” (Sentenza 133/2019 Contencioso Administrativo  Nº1 Pontevedra).

A mesma sentenza apunta “Por otra parte, los numerosos procesos muy similares a éste tramitados en los juzgados Contenciosos-Administrativos de Pontevedra frente al Concello de Porriño pone de manifiesto de dicha Administración Municipal como regla general está encargando sus servicios y obras verbalmente, sin contrato, con omisión total y absoluta del procedimiento establecido y de los principios más básicos de la contratación administrativa. Resulta obligado comunicar dicha circunstancia al Consello de Contas de Galicia para que se realice la correspondiente investigación a los efectos oportunos”.

También te puede interesar