Cultura Destacados

O barco de Verne volve a Vigo este mércores

141 anos  despois  da  súa  primeira  visita á cidade, a espectacular réplica do  Saint Michel II, chegará desde o  porto de  Pornic, próximo a Nantes, para permanecer en Vigo os días 14, 15 e 16 de  agosto. 

Trátase  dun  buque  construído  seguindo  fielmente  os  planos  orixinais da nave encargados polo escritor  francés en 1876. Os artífices  desta recreación son os membros da asociación náutica ‘Cale 2 l’île’, que  fan ata Galicia a primeira viaxe internacional do iate.

O  Saint Michel II vén  acompañado  por  outros  buques  franceses  nunha  regata  organizada polo   Yacht Club de  France.

O mércores, día 14, teñen prevista unha charla no Liceo de  Bouzas co título ‘Jules Verne e o mar’, á que seguirá a proxección, aberta ao  público en xeral, da película ‘20.000 leguas de viaxe submarina’, o clásico de 1957 protagonizado por Kirk Douglas e James  Mason. A película estará proxectada sobre a vela maior do buque.

O xoves, día  15, os  preto  de  70  participantes  na  regata,  incluíndo  a  tripulación  do    Saint  Michel  II,  farán  unha  visita  pola  cidade  seguindo os pasos das visitas de Jules Verne en 1878 e 1884.

O barco co que Jules Verne navegou ata Vigo

‘Saint Michel II’ foi o segundo barco de Jules Verne. O primeiro foi un antigo  pesqueiro do porto de Le  Crotoy que reconverteu en iate. Apenas medía 9  metros  de  eslora,  pero  percorreu  con  el  a  costa  francesa.  E,  a  bordo,  escribiu a súa novela Vinte mil leguas de viaxe submarina e o capítulo A baía de Vigo.

O segundo barco e este Saint Michel II, que encargou nos estaleiros Abel Le   Marchand en Le  Havre. Tiña 19 toneladas, con 13 metros de eslora. No busque escribiu capítulos de ‘Miguel  Strogoff’.

Finalmente, en  1878, estreou o Saint Michel III, que  foi co que chegou a  Vigo aquel ano, para repetir visita en 1884.

Os membros da Sociedade Jules Verne de Vigo recibirán aos tripulantes do  Saint Michel II á súa chegada a Vigo, nun acto o mércores ás 6 da tarde a bordo do propio iate no pantalán de Bouzas, e participarán  en diversas actividades, nunha visita tan especial para salientar a estreita  relación entre Verne e a nosa cidade.

También te puede interesar