Destacados Vigo al minuto

@MareaVigo denuncia que os vixiantes de seguridade dos museos da cidade non cobraron o salario de xullo

Marea de Vigo asegura que a empresa concesionaria  deste servizo adebeda aos 18 traballadores e traballadoras do servizo de vixianza o salario do mes pasado.

O concelleirop de Marea de Vigo Rubén Pérez indica que a concesionaria “‘A1’, pertencente a un grupo estatal (GRUPO EME) e que tamén ten adxudicados en Vigo a vixilancia do centro comercial A Laxe”, conta cunha plantilla en toda Galicia que supera os 100 empregados e empregadas.

Pérez subliña que non hai explicación, polo de agora, da empresa dos motivos polos que non se fai abono dos salarios porque “esta empresa cobrou puntualmente do Concello de Vigo os importes para satisfacer salarios e dar o servicio gañado en concurso público”.

Á vista desta situación, Marea de Vigo pide á Concellería de Cultura e ao alcalde que interpelen a empresa e de non solventalo con urxencia, “rescinda o contrato porque o impago de nóminas supón un incumprimento grave do prego administrativo concesional”.

O voceiro de Marea de Vigo subliña que “non é a primeira vez que sucede algo semellante en diversas empresas privadas adxudicatarias de contratos públicos municipais”, por iso considera absolutamente necesaria modificar nos pregos de contratación eliminando o evidente peso que ten a oferta económica, que non debe superar os 49 puntos dos 100.

Ademáis, esixe que se auditen correctamente as melloras que se ofertan por parte das empresas participantes que moitas veces, nestas, están actuacións que precarizan os servizos –como no caso das bolsas de horas gratuítas que como melloras ofertan neste tipo de servizos moitas empresas-.

También te puede interesar