Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Goberno local un plan para evitar o «caos de tráfico» no entorno da Gran Vía cando comece o curso escolar

Dende o Bloque advirten de que nas obras traballan 2 ou 3 operarios e ás veces «aínda menos»

O BNG vén de manifestar  a súa “enorme preocupación” pola situación derivada das obras na Gran Vía, iniciadas hai poucas semanas. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, denunciou a “escasa presenza de persoal traballando nas obras e a conxestión de tráfico” polas rúas adxacentes.

“Estamos vendo como nas obras hai en moitos momentos apenas 2 ou 3 operarios traballando e ás veces ainda menos”, advertiu. Á vista desta situación o Bloque demanda ao Concello que “supervise o desenvolvemento das obras para asegurar o cumprimento de prego de condicións” e que a empresa adxudicataria conta co persoal necesario para realizalas “en tempo e forma”.

O concelleiro do Bloque referiuse ás “crecentes queixas cidadás” a respeito dos efectos que o corte da Gran Vía está a producir. Nese sentido, afirmou, as rúas adxacentes padecen unha grave conxestión, con retencións fóra de horas punta. “Se en agosto o tráfico está así, co inicio do curso que provocará máis desprazamentos en coche e máis buses, a situación pode tornarse caótica”, alertou.

Igrexas demanda que o Goberno municipal se poña “desde xa” a preparar un plan de continxencia para evitar o caos circulatorio a partir de setembro, despois de comprobar que a actual reordenación do tráfico non funciona.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.