RGPD - Cookies
Comarcas

120 nenas e nenos de Redondela participan este mes nos campamentos urbanos organizados polo Concello

120 nenas e nenos de entre os 4 e 12 anos de idade participan, ao longo do mes de agosto, nos Campamentos Urbanos organizados polo Concello de Redondela. Os campamentos, que comezaban a súa andaina o pasado día 5, iniciaron este luns 12 de agosto a súa segunda quenda.

A iniciativa, que se desenvolve na Alameda de Redondela –no multiúsos da Xunqueira en caso de choiva– busca ofrecer ás e aos participantes un espazo onde interrelacionarse na época de vacacións ao mesmo tempo que desenvolven actividades lúdico educativas.

Os campamentos de verán, sinala o concelleiro de Mocidade, Nacho González, “son unha boa ocasión para que nenas e nenos fagan novas amizades e afonden, a través de actividades divertidas e, ao mesmo tempo, didácticas, en conceptos como o compañeirismo, a solidariedade e o traballo en equipo”.

As quendas, de 30 participantes en cada unha delas, desenvolveranse de luns a venres en horario de 9 h a 14 horas.

Unha vez rematada esta primeira quenda o vindeiro venres, 9 de agosto, as seguintes realizaránse nesta semana do 12 ao 16, do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de agosto.

As persoas interesadas poden consultar a listaxe de nenas e nenos admitidos na páxina web do Concello de Redondela –www.redondela.gal– ou directamente premendo aquí.

También te puede interesar