RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

Dúas persoas mortas e 85 feridas en accidentes de tráfico a pasada fin de semana en Galicia

O 061 asistiu durante a fin de semana a 87 persoas debido a 61 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 2, e as 12 menos un minuto da noite do domingo, 4 de agosto.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado atenderon en dous accidentes, o helicóptero medicalizado atendeu en dous ocasións, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 70 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco accidentes. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros de circulación.

En 73 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas resultaron falecidas no punto.

También te puede interesar