RGPD - Cookies
Comarcas

@depo_es aproba axudas a 21 entidades de 10 concellos para o fomento da igualdade e a loita contra as violencias machistas

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión de axudas, cun orzamento de 105.000€ a 21 entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro de 10 concellos da provincia para o ”fomento da igualdade de oportunidades e a loita contra as violencias machistas” no 2019.

Deste xeito, benefícianse desta liña de subvencións entidades de Caldas, Cambados, Cangas, A Guarda, Mos, Pontevedra, Silleda, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

Máis polo miúdo, con esta liña de axudas o goberno de Carmela Silva pretende “apoiar ás entidades sociais da provincia para que poidan desenvolver proxectos e actividades de sensibilización; formación e prevención da violencia de xénero; proxectos de atención integral para vítimas de violencia de xénero, fillas e fillos e persoas dependentes ao seu cargo; programas e actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; proxectos e actividades que favorezan e fomenten a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados á mellora da formación e orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e campañas de difusión e sensibilización á cidadanía en materia de igualdade”.

También te puede interesar