Ciencia y Tecnología Galicia

Aberto o prazo para participar en voluntariado ambiental do proxecto ‘Life Evergeen with Volunteer’ da UE

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten aberto prazo de inscrición para participar no proxecto europeo Life Evergeen with Volunteer (Lewo), co que se facilita que as mozas e mozos galegos se impliquen en accións de voluntariado ambiental en diferentes en zonas da comunidade de gran valor natural.

Esta é a segunda quenda neste ano da iniciativa, aprobada ao abeiro do programa LIFE 2016 da Comisión Europea, e ofértanse un total de 360 prazas para persoas entre os 18 e 30 anos.

A xente nova interesada poderá anotarse nas intervencións programadas ata tres días antes da realización de cada actividade e a admisión será por orde de inscrición, ata cubrir a totalidade das prazas convocadas. As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza.

O voluntariado participante levará a cabo tarefas de mantemento, sensibilización e divulgación ambiental nos Parques Naturais da Baixa Limia-Xurés, no de Monte Aloia; na Ribeira Sacra-Canóns do Sil, no Courel, no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas e no complexo dunar de Corrubedo. Tamén intervirán nas  Reservas da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Bourón, das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e Terras do Miño.

Toda a información das datas e características das actividades propostas poden consultarse na páxina web de Voluntariado galego.

También te puede interesar