Deportes

600 deportistas disputan a carreira ‘Nigrán Area’

Máis de 600 deportistas disputan este sábado, día 3, en Nigrán, a popular carreira pola praia ‘Nigrán Area’, a maioría deles na categoría absoluta. Un ano máis, o Concello e a Sociedade Atlética Val Miñor, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e Deporte Galego, ofrecen esta carreira de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.

A proba dará comezo ás 10:00 horas coa categoría sub-16 seguida de sub-14, sub-12, sub-10, sub-8, e pitufos, sendo a absoluta (6.000 metros) ás 11:00 horas e a continuación a entrega de premios. Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia America, son circuitos chás sobre a area mollada da praia, ca marea baixa.

Os dorsais e chip, serán entregados polo club organizador hoxe no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e mañá ata 30 min. antes da celebración da carreira.

Haberá avituallamento ao fin da carreira, servizo de ambulancia dispoñible durante o evento e servizo de duchas no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón.

 

Outorgaranse trofeos aos tres primeiros/as da categoría absoluta, ao primeiro de cada categoría e medalla conmemorativa a todos os Pitufos. Ademais, os 500  primeiros inscritos recibirán unha camiseta conmemorativa.

También te puede interesar