Galicia Vigo al día

@eva_solla cualifica de “inaceptábel” que o hospital Cíes pase a mans privadas sin que Xunta e Concello fixeran nada

A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e coordinadora nacional de Esquerda Unida presentou onte unha pregunta ao Goberno galego, logo da decisión do Goberno da Xunta ao desbotar a idea de darlle ao Hospital Cíes un uso público sociosanitario e deixar que acabase en mans dunha mutua privada.

Eva Solla subliña que arredor de 98 prazas para persoas maiores e dependentes nunha área que conta con 88.000 maiores de 65 anos, para as que na actualidade só existen 604 prazas en centros e residencias, son os datos manexados polo sindicato Comisións Obreiras, cuxa Federación de Pensionistas leva varios anos demandando o uso sociosanitario do antigo Xeral Cíes, “demandas que a día de hoxe semellan quedar xa en papel mollado tras as recentes novas respecto á utilización do edificio por parte de Ibermutuamur”.

Manobra “opaca”

Solla cualifica esta manobra como opaca e esixe ao Gobeno de Feijoo que aclare “os termos nos que se vai dar este uso dunha infraestrutura pública”, do mesmo xeito que critica que o propio Goberno local de Vigo “non amosara ningún interese xunto a unha absoluta desidia á hora de reclamar una infraestrutura pública para a súa veciñanza” tal e como ademais quedou pantente cando rexeitou no propio Pleno do Concello apoiar as demandas da Federación de Pensionistas de CCOO ao respecto.

También te puede interesar