Galicia Vigo al minuto

@Xunta cifra en 18 millóns as inversións nas melloras de mobilidade e seguridade que está a facer en Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destacou este martes que o Goberno de Galicia está a investir 18 millóns de euros en infraestruturas para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria en Vigo.

Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro,  supervisou os traballos iniciados a principio deste mes para eliminar os treitos de concentración de accidentes en 4,5 quilómetros da estrada PO-552 ao seu paso por Vigo.

Vázquez apuntou que se trata dun investimento de máis de 1 millón de euros  para o reforzo de seguridade viaria na vía autonómica desde o acceso a San Andrés de Comesaña, pasando por Coruxo e San Miguel de Oia, ata Saiáns.

Segundo indicou a conselleira, esta actuación na PO-552 estará rematada no primeiro trimestre do 2020. En total melloraranse 15 pasos de peóns e a executaranse de 2 novos, xunto coas 8 novas interseccións ou reordenación dos accesos existentes, e a construción de 4 glorietas.

En total, a consellería está a investir máis de 2 millóns de euros en tres proxectos para a eliminación de treitos de concentración de accidentes na PO-552, ao seu paso por Vigo e Nigrán ata Baiona, aos que se engade o investimento das 3 sendas rematadas o ano pasado en Vigo e Nigrán, entre Coruxo e Roteas, e en Priegue, mellorando así a mobilidade e a accesibilidade na PO-552.

A conselleira tamén se referiu ás outras actuacións rematadas en distintas estradas autonómicas ao seu paso por Vigo. Trátase da instalación semafórica na estrada PO-323, no tramo Chapela- Vigo, o itinerario peonil e ciclista na PO-325, en Navia, ou as beirarrúas na PO-331, en Zamáns.

E a isto engadiu o importante investimento que está a impulsar a Xunta na estación intermodal e os seus accesos, con 16 millóns de euros mobilizados.

También te puede interesar