Galicia

A Hospitalización e Domicilio contempla a incorporación de 15 médicos e 30 profesionais de Enfermería máis

O presidente do Goberno de Galicia adiantou este martes que o Plan de Hospitalización a Domicilio (HADO)incluirá a atención compartida con Atención Primaria. Así, asistirán ao paciente de maneira coordinada, programando visitas conxuntas cando sexa necesario.

Nesta mesma liña, o presidente Feijóo precisou que este reforzo do vínculo coa Atención Primaria implicará “protocolizar este asunto polo que se establecerán circuítos de derivación normalizados entre atención primaria e hospitalización a domicilio e, tamén, entre residencias e hospitalización a domicilio”.

Ao mesmo tempo, engadiu, deséñanse e adáptanse ferramentas electrónicas para facer posible esta derivación desde a historia clínica, así como para que os médicos e persoal de enfermaría de Atención Primaria poidan realizar consultas aos profesionais de HADO.

O presidente incidiu en que o novo Plan permitirá estender o servizo ao 100% dos galegos, os 365 días do ano, contando cun orzamento de 2,5 millóns de euros, dos cales 2,3 se destinarán a persoal.

“Este plan suporá que os equipos pasen de 45 a 60, isto é, un 33%; e a dotación de recursos humanos aumentará en 45 profesionais” –15 médicos e 30 profesionais de enfermaría—. O resto do orzamento, lembrou, irá destinado a equipamento sanitario e para aumentar a flota con 15 novos vehículos.

 

También te puede interesar