Galicia Vigo al minuto

@bngvigo manda a Corina Porro 21 propostas para que a Xunta acabe co seu «abandono» da cidade

Coincidindo coa toma de posesión do seu cargo de Corina Porro como nova  delegada da Xunta en Vigo, o BNG dirixiulle esta mesma mañá un escrito para urxir «a fin da política de abandono de Vigo» e demandando que se atendan as necesidades da «principal cidade de Galicia».

O escrito, remitido polo portavoz municipal do Bloque Xabier P. Igrexas, recolle 21 propostas concretas concibidas «como 21 oportunidades para que a Xunta do PP está disposta a rectificar de verdade».

Segundo indica o BNG, o que censuraron as viguesas e os vigueses nas pasadas eleccións municipais foron as políticas do presidente Feijóo “e é iso o que ten que cambiar», remacha Igrexas.

21 reivindicacións

O Bloque recolle un total de 21 cuestións urxentes relativas á cidade que precisan dunha viraxe de 180º na posición adoptada pola Xunta.

Entre elas que salienta a denuncia do recorte da metade do profesorado de primaria do CEIP Eduardo Pondal, o transporte metropolitano, o instituto de Navia, o centro de saúde de Bouzas, a mellora da Atención Primaria ou o aumento de prazas públicas de escolas infantís, residencias de maiores e pisos asistidos.

O BNG pide tamén compromisos en infraestruturas como o túnel de Xulián Estevez ou o alargamento do de Beiramar; demanda apostar polo desenvolvemento de Peinador, dentro dun sistema aeroportuario galego coordinado, o estudo para poñer en marcha unha rede de tren de proximidade (cercanías) e o reforzo do transporte marítimo de Ría.

Destitución do presidente do Porto

A fronte nacionalista pide de maneira expresa a destitución do actual presidente da  Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, pola súa “nefasta xestión”, e paralizar calquera novo proxecto de recheo na Ría de Vigo.

Por derradeiro, requiren unha maior implicación da administración galega na cuestión ambiental, cun Plan de Rexeneración da Ría de Vigo e o apoio ás Comunidades de Montes para recuperar as zonas afectadas polos lumes.

Valoración do nomeamento

A xuízo do BNG, a designación de Porro amosa que “o PP non entendeu nada do resultado do pasado 26 de maio. O PP de Vigo volve colocarse como unha verdadeira franquía ao servizo de Feijóo», asegura  Igrexas.

No entanto, para o voceiro municipal do BNG a escolla concreta de Corina Porro non é o substancial e subliñou que o verdadeiramente importante é que cambien as políticas.  «Do que se trata non é dun cambio de caras. O que espera e merece Vigo non é apenas un cambio de talante ou de ton, que agradecemos, senón sobre todo unha mudanza radical nas políticas e que se deixe de virar as costas ás necesidades das case 300 mil galegas e galegos que vivimos en Vigo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.