Destacados Vigo al minuto

Veciños de Teis denuncian o “abandono” do parque e do paseo marítimo da ETEA

Asociación Veciñal de Teis denuncia, unha vez máis, a falta de mantemento e o abandono do parque público e do paseo marítimo da ETEA.

Parque publico

O parque público, construído en 2013, ten “as zonas verdes abandonadas, hai lixo no chan e  as dúas pistas deportivas están deterioradas”.  A asociación  cre necesario que se realice periodicamente o mantemento deste parque   e  dos espazos verdes.

Pista de patinaxe

Os traballos de corta das arbores e do mato no entorno do parque publico hai varios meses, por parte do Concello, provocaron danos especialmente no valado da pista de patinaxe do parque público, feitos dos que ten coñecemento a Concellería de Parques e Xardíns.

Paseo marítimo

O paseo marítimo, realizado polo Concello en 2011, “carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual do mesmo, onde tamén abunda a vexetación, como moito cortase unha vez ao ano. Ademais o paseo bordea a praia da Punta e o firme esta moi deteriorado”.

  Aseos públicos

Unha vella demanda é a necesidade de instalar nos terreos da ETEA, uns baños públicos, pois “é moita veciñanza que visita a ETEA durante o verán, pero non hai un só aseo”.

Polo que atangue ao parque público e o paseo marítimo, “son dous espazos, cun gran potencial desaproveitados, en contacto coa praia da ETEA e da Punta”.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, acusan á Xunta de Galicia e o Concello da situación de abandono do parque público e do paseo marítimo da ETEA. “A falta de coordinación e entendemento entre ambas administracións, que non é a primeira vez que se producen a ETEA,  só prexudica a veciñanza de Teis”.

También te puede interesar