'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

@Xunta recolle máis de 26.000 quilos de lixo no fondo mariño da costa das provincias da Coruña e Lugo

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, recolleu ao longo das últimas semanas máis de 26.000 quilos de residuos dos fondos mariños da costa Cantábrica das provincias da Coruña e Lugo. Así o recolle o informe do organismo portuario de balance das actuacións de limpeza desenvolvidas polo departamento administrativo da Zona Norte do ente público.

Estas actuacións enmárcanse na sexta fase do plan de limpeza de dársenas que o ente público desenvolve anualmente nas tres provincias costeiras e que este ano na costa Cantábrica tivo lugar nos portos de Ribadeo, Burela, Celeiro-Viveiro, Cariño, Cedeira e O Barqueiro.

Dito plan desenvólvese de xeito periódico co obxecto de acadar peiraos máis sustentables desde o punto de vista ambiental. Ademais, nalgúns destes casos as tarefas de limpeza combináronse coa revisión de estruturas flotantes con medios submarinos, aproveitando así esta actuación para diversificar traballos.

Nas limpezas recolléronse diversos obxectos medianos e grandes, como rodas das defensas dos peiraos, cadeas, cabos e ata troncos de grandes dimensións.

Por peiraos, en Ribadeo recolléronse 7.000 quilos de residuos, no Barqueiro 1.500, en Cedeira 6.000, en Celeiro 2.000, en Burela 5.000 e en Cariño, 4.500.

También te puede interesar