RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Profesionais da sanidade pública galega rexeitan o novo contrato de anunciado por Sanidade

O Sindicato de Profesionais da Sanidade Galega Pública (PROSAGAP), rexeita o novo modelo de contrato anunciado polo Servizo Galego de Saude (Sergas) en acordo  cas organizacions  Sats , UGT,  CESM-OMEGA   e CSIF .

Despois de que os médicos negásense a asinar este novo «contrato de  excravitude 3.0» e “lonxe de escoitar as críticas dos traballadores, o Sergas e as centrais sindicais asinantes, decidiron ampliar a súa  aplicación  á enfermaría « .

Segundo Prosagap, “o que se nos quere vender como arma para para acabar coa precariedade no Sergas, supón só   unha ferramenta máis para consolidala e darlle aparencia de legalidade”.

Na súa opinión, este novo modelo de contratación supón non coñecer as quendas de traballo nin os centros e unidades onde os profesionais teñen que ir a traballar, “co cal a conciliación se fai imposible”.

O novo contrato fai que os profesionai teñar que “estar ao dispor do Sergas para que de maneira inmediata e obrigatoria solucionarlle   os  problemas na xestión das coberturas  de determinadas   incidencias”.

Establece a disposición xeográfica entre os distintos centros e unidades, mesmo durante a mesma xornada, “co cal en  ningún momento garántese a continuidade de coidados” .

Carece e garantía en canto a permisos e  libranzas dos traballadores e contén unha evidente “falla de transparencia en canto a tempo mínimo de cada prórroga así como en posibilidade de rexeitamento sen penalización durante o nomeamento , ou de continuidade no mesmo ante determinadas incidencias como pode ser unha baixa laboral ou embarazo entre outras” .

Dende Prosagap denuncian que “estamos afeitos a que o Sergas retorza as leis ao seu antollo , pero esta vez permitiuse mesmo, co beneplácito das organizacións asinantes, declarar oficialmente que se salta o Estatuto Marco para crear un novo nomeamento mais acorde  unicamente coas súas propias necesidades”.

Dende o sindicato insisten en que a única maneira de conseguir estabilidade e acabar coa precariedade xerada polo Sergas pasa por convocar a oposición todas as prazas que a día de hoxe atópanse cubertas de maneira fraudulenta,  xunto cas que resulte necesario crear para garantir a calidade asistencial,  e  rematar coa taxa de reposición .

También te puede interesar