Galicia Vigo al minuto

@bngvigo pedirá explicacións á dirección de Costas e ao Concello sobre o paseo de Bouzas

O Bloque Nacionalista Galego comprende e apoia a protesta dos veciños de Bouzas logo do transcurso dun ano co paseo marítimo inutilizado.

Xabier P.Igrexas, concelleiro do Bloque, criticou que neste tempo a única actuación realizada foi o seu valado que impide o uso do paseo, pero non se fixo nada «para reparar nin para garantir a seguridade», o que priva á veciñanza de Bouzas e ao resto dos vigueses de poder desfrutar dese enclave privilexiado.

Por todo iso, anunciou que se dirixirá de maneira inmediata á Dirección de Costas estatal e interpelará o Goberno municipal para que «informen e expliquen en qué punto está, no caso de que se teña iniciado a súa tramitación, o expediente de cesión do paseo ao Concello».

Igrexas denunciou que o alcalde anunciara a inicios de xaneiro deste ano, nunha mensaxe «electoralista en plena precampaña», que a cesión sería «inminente». Porén, máis de medio anos despois nada se sabe sobre a súa tramitación.

O edil reclamou que  Goberno municipal explique con claridade con que prazos está traballando esta cuestión.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.