Cultura Sucesos

‘Vigo sen Bombeiros non é segura’ alerta da situación de risco na cidade

Os profesionais avisan de que moitos días non hai o mínimo de Bombeiros para garantir a seguridade na cidade

Unha campaña baixo o título ‘Vigo sen Bombeiros non é segura’, volve a denunciar a “situación límite” na que se atopan os profesionais dos parques da cidade.

As protestas das semanas pasadas-entre elas un bombeiro ardendo o día da investidura do alcalde-subliñaron o feito de que os parques contan persoal “envellecido”, insuficiente, que está a sufrir “estres”, que traballa “horas extras impostas” e que precisa, cando menos, 30 membros máis para afirmar que hai unha situación segura na cidade.

En Vigo hai hoxe 120 bombeiros, “aínda que traballan en realidade uns cen, considerando as baixas” e a cidade precisa, coma mínimo 150.

Esta falla de operativos nótase a diario e a situación vai empeorar a medida que avance o verán. “A única solución que toma o Goberno local é  explotarnos”, con xornadas “forzadas”, máis horas obrigatorias, gardas de 24 horas case seguidas, pagando ata “medio millón de euros en horas extras porque sae máis barato que incorporar máis profesionais”.

También te puede interesar