Ciencia y Tecnología Galicia

Sanidade aproba un investimento de 345.000€ en equipos de diágnostico para os centros de saúde de Vigo

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) vén de anunciar que  investirá nos ‘ambulatorios’ da área de Vigo 344.850€ na adquisición de novos equipos de diagnóstico clínico.

Así, este luns  publicouse  no perfil do contratante a licitación por un importe de 344.850€ de novo material de diagnóstico para as consultas da atención primaria.

En concreto, trátase de 60 unidades de holter de presión arterial  (MAPA)-consistente no sistema para o rexistro, almacenamento e análise da presión arterial de xeito ambulatorio- ; 50 espirómetros -dispositivos que miden a capacidade pulmonar- ; e 6 retinógrafos– equipo para capturar imaxes da retina sen dilatación pupilar, para a determinación de retinopatías do paciente diabético-.

Máis electrocardiógrafos, desfibriladores e ecógrafos

Estas licitacións súmase á que xa se publicou a finais do mes pasado para a subministración de novo equipamento electromédico tamén destinado a centros de saúde de Vigo cun orzamento que ascende a 579.348€.

Esta cantidade irá destinada á adquisición de 57 electrocardiógrafos (234.498€), 50 desfibriladores (cun custo de 272.250€) e 3 ecógrafos (72.600€).

También te puede interesar