Comarcas

@depo_es pon en marcha este domingo ‘DepoAventura A Lanzada 2019’

Deputación de Pontevedra pon en marcha dende este domingo o programa “DepoAventura A Lanzada 2019”, con 11 quendas cheas de actividades dirixidas a 2.200 mozas e mozos de entre 8 e 13 anos da provincia de Pontevedra.

A quenda coa que arranca o programa estenderase entre o 23 e o 29 de xuño e contará con 200 participantes que darán o pistoletazo de saída ás actividades lúdicas, culturais, deportivas e formativas dos campamentos da Lanzada.

En total entre o 23 de xuño e o 7 de setembro 2.200 mozas e mozos gozarán do seu tempo libre no Centro de Vacacións da Lanzada. Así, durante unha semana as crianzas terán á súa disposición actividades de convivencia, náuticas, medioambientais e ata algunhas en lingua inglesa, co obxectivo de contribuír ao seu enriquecemento persoal e facilitarlles coñecer outros lugares e experiencias fóra da súa contorna habitual.

Como principal novidade para este verán, o goberno de Carmela Silva vai espallar durante “DepoAventura A Lanzada” os principios da igualdade. En concreto, daráselle visibilidade ás mulleres dos ámbitos profesionais máis asociados aos homes, co obxecto de pór en valor o papel daquelas que lograron e logran fitos importantes nestes campos. Do mesmo xeito, tamén se prestará especial atención ao uso da linguaxe, actitudes ou músicas non sexistas nin discriminatorias.

Ademais das e dos 200 primeiras e primeiros que comezan o domingo, as quendas continuarán do 30 de xuño ao 6 de xullo, do 7 ao 13 de xullo, do 14 ao 20 de xullo, do 21 ao 27 de xullo, do 28 de xullo ao 3 de agosto e do 1 ao 7 de setembro.

En total, serán 2.200 as nenas e nenos que participarán en “DepoAventura A Lanzada”, dos cales 315 beneficiaranse das prazas gratuítas para familias que se atopan en situación ou risco de exclusión social.

También te puede interesar