Sucesos Vigo al minuto

@bngvigo pide ao Goberno local que informe de que días houbo menos de 20 bombeiros para toda a cidade

O Bloque quere saber durante cantas xornadas o Concello incumpriu o mínimo de 20 efectivos operativos

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, anunciou este xoves que dirixirá un escrito á nova concelleira-delegada da área de Seguridade, Elena Espinosa, para demandar información sobre o operativo especial de bombeiros que ten previsto o departamento para a noite de San Xoán.

“O San Xoán é unha das celebracións máis emblemáticas da nosa cidade, e este ano vai ter unhas 25 fogueiras en diferentes puntos da cidade. Queremos que se informe de cal vai ser o operativo especial de bombeiros co que o Concello vai enfrontar os riscos que entraña unha festa onde o lume é o protagonista”, explicou o concelleiro do Bloque.

O edil nacionalista tamén requirirá información sobre as labores preventivas que se teñan realizado por parte do Corpo de Bombeiros, toda vez segundo os datos do que dispón o seu servizo de prevención non conta con persoal asignado pola falta de efectivos.

Cuadrantes de servizo

Por outra parte, Igrexas tamén requirirá que se lle facilite o acceso a todos os cuadrantes de servizo do corpo de bombeiros desde o 1 de xaneiro de 2019 até hoxe.

 “Pedimos os cuadrantes onde figuran que bombeiros traballaron en cada quenda e en cada parque, para comprobar durante cantas xornadas o Concello incumpriu o mínimo de 20 efectivos operativos. Un incumprimento que compromete a seguridade tanto dos propios bombeiros como da cidadanía ao limitar a capacidade operativa e a resposta diante de situacións de emerxencia”, xustificou.

Na súa solicitude tamén pide que se informe de cantas horas traballadas se contabilizan desde o inicio do ano, lembrando que o 2018 rematou con 38 mil horas extraordinarias.

También te puede interesar