Vigo al minuto

@MareaVigo levará ao Parlamento Europeo as cintas transportadoras da Gran Vía

Marea de Vigo pedirá ao Parlamento Europeo que la UE aclare se unhas escaleiras mecánicas cun custe enerxético, e polo tanto cunha pegada de carbono moi elevada e a tala de masa arborada existente entra dentro dos criterios obxectivos que marca o uso dos fondos EDUSI e a estratexia ambiental e de sostenibilidade que persigue o uso deste fondos comunitarios”.

Ademaís, o seu voceiro pide ao Goberno local que aclare o estado real das árbores de Gran Vía que estarán afectadas pola colocación da plataforma móbil, “á vista das versión contradictorias do Concello”.

Marea de Vigo lembra que o proxecto incluía a tala de 128 árbores -45 camelios, 29 laranxos no boulevar e 13 tilos e 41 castaños de indias que están plantados nas aceiras da rúa- co argumento de estar enfermos ou con risco de desprendemento e que solo se recomendaba o transplante de camelios e laranxos.

Polo tanto, vistas as declaracións do alcalde, debería aclarar se as árbores que se transplanten a Castrelos incluirán os tilos e os castaños das beirarúas, onde verdadeiramente radica a riqueza ambiental e de patrimonio natural da Gran Vía.

O informe mesmo falaba dunha afección nos camelios como é a do fungo ciborinia cameliae, que evita a floración e que se asociaba no informe ao efecto da contaminación xerada polo tráfico. De ser así tería que aclararse o seu traslado.

Marea de Vigo sigue a cuestionar a substitución da masa arbolada actual nas beirarúas, con máis de 50 anos de existencia, por novas especies que tardarán anos en medrar como o ginkgo biloba e que non ofrecen a masa arborada compacta como a actual.

También te puede interesar