Cultura Vigo al minuto

@odscoia presenta ‘Si no hubiese privilegios no habría miserias’ dentro da campaña ‘Fagamos da Risga un verdadeiro dereito’

Dentro da campaña galega «Fagamos da RISGA un verdadeiro dereito» a Oficina de Dereiros Sociais de Coia (ODSC) acollerá a presentación do libro: «Si no hubiera privilegios, no habría miserias».

Será o venres, día 14, dende as 8 e media da tarde no centro social «A Revolta do Berbés» (rúa Real 12, Vigo).

O libro, do que haberá exemplares á venta por 13€, recolle o traballo e reflexións da primeira edición da Escola de Acción Social Crítica e Transformadora, celebrada hai un ano en Zaragoza.

“Este material trata de ser unha ferramenta para, desde a denuncia das funcións de regulamento e control que o poder atribue á Acción Social e en concreto ao Traballo Social, situarnos, ante a necesidade de construír mediante o troco de experiencias novos saberes e coñecementos que poidan resultar útiles para a construción de novas formas de practicar a emancipación social e transitar cara outras formas de vivir en sociedades máis xustas, libres e igualitarias”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.