Comarcas

@AGuarda_es presenta a ‘Axenda de Verán’ con todas as actividades dende este mes ata setembro

O Concello da Guarda presentou este xoves a ‘Axenda de Verán 2019’, na que se inclúe a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

Na presentación a concelleira de Cultura en funcións, Elena Baz, salientou a “importancia no tecido asociativo da vila” para poder contar cunha axenda completa e con “actividades de todo tipo: culturais, deportivas ou de lecer,” entre outras.

Antonio Lomba, alcalde en funcións, subliñou que A Guarda ten unha intensa actividade a nivel cultural, con propostas para todas as idades, contando ademáis na tempada estival con importantes eventos como as Festas de San Antonio, San Xoán, Corpus, Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa do Peixe Espada, Festas do Carme, Festas do Monte, numerosos concertos e festivais musicais e, este ano tamén, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, “un atractivo máis para os nosos veciños e veciñas, pero tamén para os milleiros de visitantes que cada ano elixen A Guarda para pasar as súas vacacións”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.