RGPD - Cookies
Comarcas

Aumenta casi un 3% el tráfico en las estradas dependientes de @depo_es

A Deputación de Pontevedra vén de facer pública a Memoria anual de aforos 2018, un documento no que se recompila a información obtida sobre o tráfico nas estradas da súa competencia durante o ano 2018.

Este estudo revela, analizando os datos de tráfico da totalidade da rede rexistrados nos dous últimos anos e as extrapolacións correspondentes, que as intensidades de tráfico experimentaron un aumento do 2,8 % no 2018 con respecto ao exercicio anterior, sendo o incremento de vehículos pesados dun 4,3%.

O obxecto da Memoria anual de aforos é dar a coñecer a demanda de mobilidade nas estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra, é dicir, o uso que se fai destas infraestruturas, e tamén facilitar o acceso aos datos, que se poden consultar no apartado de Mobilidade da páxina web da Deputación (www.depo.gal/plan-de-aforos) nas fichas correspondentes a cada estrada.

También te puede interesar