Destacados Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia ratifica a decisión do Parlamento de declarar caducada a iniciativa lexislativa popular a favor de Porto Cabral

A sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) rexeitou o recurso interposto pola Comunidade de Montes Veciñais de Cabral sobre as sinaturas necesarias para Porto Cabral.

A Xunta Electoral de Galicia ditaminou en abril de 2018 o incumprimento do requisito das sinaturas necesarias para a tramitación da proposición non de lei, de iniciativa popular, sobre o desenvolvemento, pola Xunta de Galicia, das actuacións necesarias para tramitar e aprobar o proxecto de lecer e comercial Porto Cabral.

O alto tribunal tamén rexeitou as alegacións presentadas pola entidade contra a resolución de maio de 2018 da Mesa do Parlamento de Galicia na que declara caducada a iniciativa lexislativa popular.

«A Xunta Electoral de Galicia declarou o incumprimento do requisito das firmas necesarias para a tramitación da proposición non de lei, de iniciativa popular, e remitiu o acordo á Mesa do Parlamento, quen é a encargada de declarar aquela caducidade unha vez constatado o presuposto que aquel precepto recolle”.

Segundo o Alto Tribunal, “ese presuposto non só ten lugar cando non se presenta o número de firmas esixido, senón tamén cando as presentadas non están autenticadas polos fedatarios especiais designados, que é o aquí ocorrido».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.