'Qué te cuentas?' Galicia

Dende este xoves non se poden abrir máis locais de xogo en Galicia

Dende este xoves, día 16 de maio, non se porden abrir máis locais de apostas en Galicia. Na actualidade, dacordo cos datos da administración galega, hai 118 salóns de xogo e 41 tendas de apostas funcionando, o con permisos en tramitación.

Con esta medida, salienta o Goberno de Galicia, o que se pretende e que non haxa máis locais deste tipo dado que nas vindeiras semanas haberá xa unha proposta de Lei de Xogo de Galicia.

A Xunta evita, así «que se poida aproveitar o período previo á súa entrada en vigor para especular e pór en marcha novas instalacións».

O proxecto de lei de xogo, contou, segundo o Goberno galego, coas achegas e suxestións de persoas e sectores implicados. A previsión é que estea en exposición pública o mes que ven antes de pasar, primeiro ao Consello da Xunta e logo ao Parlamento para a súa aprobación.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.