Comarcas

@AsNevesConcello remata, con cargo a fondos da @depo_es a sinalización da vila

A área panorámica do monte de San Nomedio, e as entradas nas Neves que veñen de Arbo, Salvaterra, Ponteareas e Vilasobroso contan con novos sinais.

Do mesmo xeito, e de cara a impulsar o ámbito turístico, hai xa sinalización do Sendeiro dos Frades e o Camiño dos Pescadores e, en relación con este último, está en marcha o proxecto para a indicación da ‘Ruta Circular’ do camiño nas parroquias e dentro das Neves.

Nova web

No que atangue á promoción turística das Neves, o Concello conta cun vínculo específico de Turismo na nova web municipal no que as persoas interesadas poden atopar a información que precisen. A mesma fai referencia a propostas culturais, a enclaves paisaxísticos, rutas de sendeirismo, etnografía, gastronomía, medio natural ou historia e arqueoloxía, eido no que se acometerá unha acción especial para difundir os Petroglifos de A Coutada, en Taboexa, o principal descubrimento da arte rupestre galega dos últimos 20 anos.

Nas vindeiras datas o Concello dará a coñecer nas redes sociais municipais un vídeo promocional de As Neves que amosará os principais atractivos e reclamos da vila.

Sinalización de todo o concello

Esta iniciativa complementa a de finalización da sinalización informativa nos barrios e parroquias. En total colocáronse 285 sinais que hoxe, logo dun traballo de dous anos, toda As Neves estea sinalizada.

Este foi un dos proxectos nos que o Goberno local puxo maior interese que ademáis era unha das principais demandas das veciñas e veciños, tal e coma deixaron claro nas xuntanzas do ‘Concello Escoita’.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.