'Qué te cuentas?' Destacados

200 especialistas en Radioloxía de Galicia xúntanse esta fin de semana en Vigo

A seguridade e os pacientes son os eixos centrais do 13ºCongreso Galego de Radioloxía, que se celebrará o venres e sábado no Hospital Álvaro Cunqueiro.

Á reunión confirmaron asistencia 200 profesionais, dos que 115 serán radiólogos, 80 técnicos en radioloxía e algúns estudantes.

O presente e o futuro da radioloxía en Galicia abordarase desde distintos prismas, agrupados en cinco bloques, ademais das comunicacións orais. Haberá tamén un apartado específico, o sábado pola mañá, dirixido aos técnicos en radioloxía.

Cancro de mama e urxencias

As técnicas diagnósticas no cancro de mama centrará o primeiro dos bloques do congreso, mentres o segundo estará destinado aos tratamentos  percutáneos de tumores  hepáticos.

“No terceiro dos bloques debaterase sobre as urxencias, sobre todo nos casos de pacientes con politraumatismos, e a radioloxía intervencionista nos casos de ictus. Tamén haberá un apartado destinado ás  urxencias pediátricas”, explica o doutor Xan  Vieito, xefe do servizo de Radioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo e membro do comité organizador do congreso.

No bloque destinado á análise do futuro da radioloxía haberá dous asuntos centrais. Por unha banda as novas tecnoloxías aplicadas a esta especialidade. Pola outra, a opinión e as propostas dos pacientes. Neste caso será unha representante do colectivo da Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama (ADICAM) a que realizará as súas achegas aos asistentes ao congreso.

Nas mesas redondas programadas haberá unha na que se analizará a relación da radioloxía coas demais áreas asistenciais, tanto clínicas como cirúrxicas.

En Vigo se fan 1.000 estudos radiolóxicos ao día

O servizo de Radioloxía da Área Sanitaria de Vigo realiza unha media superior aos 1.000 estudos radiolóxicos diarios, dos que un 33% son procedementos radiolóxicos complexos .

Os últimos datos revelan que anualmente efectúan 390.000 probas radiolóxicas, das que 51.000 son ecografías; 42.000 TCs (tomografía axial); 5.000 procedementos vascular-intervencionista; 10.000 estudos de mama; e 281.000 radioloxías simples, entre outras. 

En canto aos recursos tecnolóxicos e humanos, no momento actual, o Complexo Hospitalario de Vigo dispón dun total de 57 salas de radioloxía – 10 salas de radioloxía convencionais; 10 de radioloxía dixital; 2 de telemando; 3 salas de radioloxía intervencionista; 3 salas de radioloxía vascular; 18 ecógrafos, 6 equipos de TC – atendidas por 50 radiólogos, 78 técnicos de radioloxía, 17 profesionais de enfermería, 27 celadores e 6 auxiliares administrativos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.