Comarcas

@ConcelloNigran pon en funcionamento un saneamento de Vilariño que estaba inoperativo dende 2015

O Concello de Nigrán vén de por en funcionamento o saneamento dun núcleo de Vilariño, na marxe da Avenida de Portugal, que a antiga Deputación executara no 2015 sen que nunca chegase a estar operativo.

O Concello investiu nesta reparación 6.200 € consistentes en por en marcha o bombeo e selar os pozos e colectores, xa que existía un problema de filtracións causantes da súa inoperancia . Deste xeito, unha ducia de casas da contorna poden solicitar xa a acometida ao mesmo en Aqualia.

«Era unha demanda lóxica deste barrio, xa que nunca chegara a funcionar e, dende o Concello, temos o compromiso de achegar o saneamento a cada casa, xa que o consideramos unha necesidade básica», insiste o alcalde, Juan González.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.