Galicia Vigo al minuto

@galizaCIG chama a participar o mércores en Vigo na manifestación do 1º de Maio

O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, fixo este luns un chamamento a participar na manifestación que se celebrará este mércores na cidade con motivo do 1º de Maio, ‘Día Internacional da Clase Traballadora’.

A marcha, que será a central de cantas convoca o sindicato ao longo do país, sairá da Dobrada ás 12:00 horas e contará coa presenza do secretario xeral, Paulo Carril.

O responsábel da CIG-Vigo compareceu esta mañá en rolda de prensa para presentar unha mobilización que se celebra baixo o lema «Recuperar dereitos para avanzar. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas», consigna que segundo explicou «recolle o sentido dunha protesta que pretende ser o punto de partida para recuperar os dereitos que nos foron arrebatados coa escusa da crise e avanzar na conquista de mellores condicións de vida para o conxunto da clase traballadora».

Gonçalves sinalou que este 1º de Maio celébrase nun contexto de maior precariedade, empobrecemento e recorte de dereitos laborais e sociais, ao tempo que incidiu na importancia da loita obreira «sobre todo tras o resultado electoral, xa que agora faise máis necesaria a protesta para forzar ao novo goberno a aplicar un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais».

Neste senso, advertiu que na comarca viguesa o desemprego e a desertización produtiva van camiño de cronificarse, ademais de aumentar a pobreza e o risco de exclusión social, «xa que nestes momentos máis de 61.000 persoas da nosa cidade atópanse nesta situación». Este e outros datos figuran no informe que o responsábel sindical presentou diante dos medios de comunicación, no que evidencia a destrución de emprego a precarización exprimentada no conxunto da bisbarra na última década.

Diante disto, fixo fincapé na importancia da mobilización da clase obreira na rúa e nos centros de traballo «para xuntos trazarmos unha folla de ruta que pasa por esixir a retirada das sucesivas reformas laborais e das pensións que son extremadamente lesivas para a maioría social».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.