Comarcas

@AsNevesConcello recupera as infraestruturas educativas da vila

O Concello das Neves concluirá nuns días varias das obras que se impulsaran para recuperar inmobles e outras infraestruturas educativas. Ao mesmo tempo, avanzan, algún xa cun proxecto rematado e financiación, os plans para dispor de novas dotacións.

Escola Unitaria de Rubiós

Remataron as obras na Escola Unitaria de Rubiós que teñen coma obxectivo a mellora deste inmoble para o seu uso como Escola Infantil e tamén por parte da veciñanza da parroquia.

Os traballos acometeron os problemas de humidade do edificio, ademais de colocar illamento térmicos nas aulas, un novo lavabo e o cambio do chan. As obras abrangueron a colocación de fiestra dobres, conservando as xanelas de madeira e colocando unhas novas metálicas corredoiras. Así mesmo, colocase un novo illamento e falso teito na aula principal.

Ao mesmo tempo levouse a cabo a colocación do alumeado de emerxencia,  a colocación de novos radiadores e de novas pantallas LE.

Escola de Taboexa

Na Escola de Taboexa, os traballos afectaron ao acceso e a entrada e dos baños. Tamén consistiron en melloras no patio e a situación dun novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.

Licitación da Escola Infantil

O pasado mes de febreiro, o Goberno local das Neves acadou a aprobación por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da licitación da Escola Infantil.

Esta decisión da cumprimento ao convenio asinado, a principios de 2018, entre o Concello e o Consorcio mediante o cal o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, como así se fixo; poñer a dispor da administración galega un inmoble municipal, que será a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e achegar unha partida de 75.000€, que representan o 25% do custo total das obras que será de 300.000€.

Colexio das Neves

Do mesmo xeito, e logo dun acordo ao que chegou o Goberno local co delegado da Consellería de Educación do Goberno de Galicia, vaise acometer a substitución das fiestras do Colexio das Neves.

As mesmas non se cambiaran dende a inauguración do centro, hai varias décadas, e a posibilidade de contar, agora, cunha dotación económica necesaria fará que por fin se acometa unha demanda longamente agardada e necesaria.

Tamén no colexio, está en marcha a reposición na súa totalidade do chan dos campos de deporte que están nun estado moi deteriorado. Para garantir a práctica do deporte e a seguridade das e dos estudantes, vaise a cambiar o pavimento colocando un totalmente novo.

También te puede interesar