Galicia Vigo al minuto

Manifestación en defensa das pensións, este venres en Vigo

O colectivo de xubilados e pensionistas da CIG de Vigo convoca unha nova mobilización en defensa do sistema público de pensións. A concentración terá lugar no farol de Urzaiz este venres 26 ás 11:30 horas para reclamar unhas pensións públicas dignas e garantidas.

Dende o colectivo lembran que os orzamentos do 2018 recolleron unha suba na contía das pensións que apenas supuxo 20€ de media ao mes, “imposibilitando a recuperación do poder adquisitivo perdido polos pensionistas”.

Ao mesmo tempo, denuncian que en Galicia, onde os salarios son máis baixos, as pensións tamén e “advirten de que os debates na Comisión do Pacto de Toledo, as recomendacións do FMI e da OCDE, os anuncios do Goberno español sobre a prolongación da idade da xubilación ou o decreto de contratos relevo e xubilación parcial confirman a pretensión de introducir novos recortes”.

Finalmente, inciden que a defensa das pensións -tanto as do presente como as futuras- “é unha loita de todos e todas”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.