Comarcas

Este martes ábrese o prazo para reservar as 9.834 prazas dos Campamentos de Verán da Xunta

A conselleira de Política Social, Fabiola García, presentou este luns a ‘Campaña de Verán 2019’, que baixo a lenda ‘O verán que queres vivir’ pon á disposición da mocidade 9.834 prazas.

A proposta de actividades para os meses de xullo, agosto e setembro inclúe campamentos, programas de intercambios con outras comunidades, actividades concertadas, actividades para maiores de 18 anos e campos de voluntariado.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe, coincidindo coa presentación da campaña, a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia e noutras comunidades.

Neste caso o prazo ábrese mañá, martes 23 de abril,ata o vindeiro 7 de maio, incluído. Pola súa banda, a convocatoria para inscribirse nos campos de voluntariado abrirase o vindeiro xoves, día 25, e pecharase o 10 de maio en primeira convocatoria. Toda a información estará dispoñible na páxina web de Xuventude.

De 9 a 30 anos

Poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade, e ademais este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos.

A isto se suman 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Esta nova campaña de verán incorpora tres campamentos: Aldea Perdida na Granxa Zoo de Grixalba, en Sobrado dos Monxes; outro sobre astronomía no albergue de San Xoán de Río, en Ourense; e un novo campamento tecnolóxico nas instalacións xuvenís de Gandarío titulado Adestrando o meu robot.

Accións de voluntariado

Tamén se incrementa o número de campos de voluntariado, os que se coñecían ata este ano como campos de traballo. Este verán  haberá  30 e con cinco propostas novas: A terra que habita no mar, no concello do Grove; outro de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira; un terceiro de temática ambiental en Manzaneda; un campo en Ourense denominado Riós, una mar de castiñeiros; e por último, o primeiro campo de voluntariado intermunicipal que leva por nome Vía Xacobea: vía da prata e que se celebrará en Boqueixón e Vedra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.