RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología Galicia

Desde o 1 de abril os médicos de familia de Vigo poden solicitar directamente TCs intracraniais

Non precisan derivalos previamente ao especialista do hospital, como era habitual, segundo informa o Sergas

Os médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo xa poden solicitar directamente, desde o dia 1 de abril, a realización dos TCs intracraniais dos seus pacientes sen necesidade de derivalos previamente ao especialista correspondente do hospital, como viña sendo o habitual.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde (Sergas), a apertura desta proba ven a engadirse a autorización, en marcha dende o 13 de marzo, para que, paulatinamente, poidan solicitar as endoscopias dixestivas -gastroscopias e colonoscopias“de modo que o 29 de abril este proxecto xa estea estendido a todos os centros da área”.

También te puede interesar